AXUDA (Información xeral para o uso da paxina web do METEOALARM)

Nivel europeo
Nivel nacional
Información rexional
Fonte orixinal da información
Servidores Proxy

1. Nivel europeo “Páxina principal do sitio web” (primeiro nivel)
Aquí vostede atopará o mapa xeográfico europeo. Este mapa en cor ofreceralle unha primeira e inmediata impresión sobre as situacións de alerta actuais ou esperadas en Europa. A asignación de cores será tan coherente e consistente como sexa posible, cruzando as fronteiras nacionais dentro do dominio do METEOALARM Europea. A asignación das cores se relaciona co impacto e danos esperados.

1.1. Sitio web (permanente) da información no seu idioma
Se quere cambiar de idioma pódeo seleccionar co rato premendo en “cambio de idioma” na barra de ferramentas situada na parte superior dereita da pantalla.

1.2. Significado das cores.
Atopará a explicación detallada sobre as cores de alerta premendo na lenda das cores desta páxina (abaixo à esquerda).

Sumario de explicación das cores:

Branco:
Faltan datos ou son insuficientes, sospeitosos ou non se corresponden coa data.

Verde:
Verde: Non se require especial atención con respecto ás condicións meteorolóxicas.

Amarelo:
Tempo meteorolóxico con risco potencial. Os fenómenos prognosticados non son realmente infrecuentes, pero debe prestarse atención ao practicar actividades expostas a riscos de tipo meteorolóxico. Recoméndase informarse sobre as condicións meteorolóxicas que se esperan e estar ao tanto de calquera risco evitable.

Laranxa:
O tempo é perigoso. Prognosticáronse fenómenos meteorolóxicos inusuais. É probable que se produzan danos materiais ou accidentes. Estea atento e mantéñase informado regularmente das condicións meteorolóxicas previstas, así como dos riscos que puidesen ser inevitables. Siga os consellos dados polas autoridades.

Vermello:
O tempo é moi perigoso. Prognosticáronse fenómenos meteorolóxicos excepcionalmente intensos. Existen grandes riscos de danos materiais e persoais, a miúdo sobre áreas extensas. Deben tomarse precaucións extremas. Manterse frecuentemente informado con detalle sobre as condicións meteorolóxicas esperadas e os seus riscos. Deben seguirse as ordes e recomendacións das autoridades en tódalas circunstancias estando preparados para medidas extraordinarias.


1.3. Significado dos símbolos (parámetros meteorolóxicos)

Mediante símbolos facilmente comprensibles se describen os parámetros meteorolóxicos potencialmente perigosos. Estes símbolos/parámetros explícanse na parte baixa da páxina principal. A parte dereita da páxina principal amosa unha táboa cos países participantes, o seu nivel actual de risco potencial e os correspondentes parámetros meteorolóxicos (símbolo + cor).

1.4 Filtrado dos símbolos.
Se desexa unicamente información sobre a alerta dun determinado parámetro, pode atopala seleccionándoo a pestana “tipo de risco”. Debe ter en conta que algúns parámetros, como por exemplo: avalanchas, incendios forestais, temperaturas extremas e fenómenos costeiros, non son facilitados por tódolos países participantes.

1.5. Hoxe ou mañá e o sistema de información horaria.
O sistema METEOALARM ofrece información sobre alertas europeas para hoxe ou para mañá. Para elixir unha ou outra opción hase de cambiar a pestana “amosar” situada na parte inferior da páxina principal. Hoxe e mañá están vinculados ò Horario Centroeuropeo (CET = UTC + 1) e durante o período europeo de aforro de luz do día ó Horario de Verán Centroeuropeo (CEST = UTC + 2). Este horario é coincidente co da España peninsular.

1.6. Antigüidade da información
Atopará un control horario na esquina superior esquerda do mapa europeo que indica a última actualización, data e hora (CET ou CEST) do sistema de información Meteoalarm.

1.7 Como evitar información non actualizada.
Se a información do Meteoalarm non se actualiza no seu ordenador pode intentar actualizada seleccionando F5. Se non funcionara deberá examinar a súa conexión a Internet (¿está operativa?) ou pode ser que teña problemas na cache local (intente baleirar a cache).

2. Nivel nacional (2º nivel)

No mapa xeral de Europa, a cor asignada a cada país corresponderase co mais crítico asignado para as rexións dese país. No mapa a nivel nacional aparecen detalles específicos sobre a situación das alerta nese país.
Para examinar o nivel nacional haberá que premer co rato sobre o país elixido no mapa de Europa ou sobre o nome do país que figura na táboa xeral situada á dereita da páxina principal.

2.1. Información nacional
No mapa nacional aparecen as rexións e os niveis de alerta asignados a cada unha. A partir do nivel de alerta laranxa e en algúns países a partir do nivel amarelo, aparece un símbolo dentro de cada rexión ou, se esta é moi pequena, na parte superior esquerda do mapa, cando se sitúa o rato sobre a rexión da que se quere obter información. O devandito símbolo indica o parámetro que se encontra en alerta. Se a unha mesma rexión asígnanselle máis dun símbolo (cun máximo de tres), estes aparecerán xunto co nome da rexión cando se sitúe o cursor sobre ela na parte superior dereita do mapa xeográfico. Ademais no mapa nacional inclúese unha táboa resumo que amosa tódalas rexións do pais e os niveis de alerta alcanzados xunto cos símbolos dos parámetros para os que se emite a alerta.
Na lenda que aparece na parte inferior desa páxina de Internet figura toda a gama de símbolos (parámetros meteorolóxicos) para a que o país concernido asigna niveis de alerta.
De novo é posible elixir entre información de alerta para hoxe ou para mañá seleccionando a opción na pestana “amosar”.
Premendo co rato no logo do Servicio Meteorolóxico Nacional-SMN (fonte da orixe da información nacional de alertas), enlazarase coa páxina Internet do SMN, ben sexa a súa páxina principal ou as páxinas de avisos meteorolóxicos.


3. Información rexional (3º nivel)

Premendo co rato sobre unha das rexións dun país accedese ao nivel rexional dese país con maior detalle sobre a situación de alerta específica alcanzada nesa rexión.

3.1. Rango temporal, información sobre intensidade e ilustracións do fondo.
À partir do nivel laranxa, e para a maioría dos países á partir do amarelo, ofrécese información de alerta para cada rexión. Unha delas é o “rango temporal” que amosa o período de tempo durante o que se espera se produza o episodio. Algúns países poden engadir neste nivel rexional información sobre a intensidade, como velocidade do vento, cantidade de neve ou chuvia, ou densidade da néboa. Como sempre a cor de alerta é visible, pero agora preséntase xunto con unha ilustración de fondo que proporciona información máis realista sobre o fenómeno e o impacto previsto, para facilitar a anticipación ò risco.

3.2. Máis dun parámetro meteorolóxico para a mesma rexión.
Se unha determinada rexión de vira afectada por máis dun parámetro en alerta, a información para cada parámetro aparecerá por separado.

3.3. Detalles de avisos na páxina de Internet do SMN
Na parte inferior dereita aparece o logo do SMN. Premendo sobre el accédese á páxina de Internet de dito servicio –paxina principal ou de avisos- onde se poden encontrar avisos en formato texto, explicacións sobre o criterio de asignación das cores e outras observacións adicionais relativas ò tempo previsto e o seu grado de severidade.


4. Fonte orixinal da información e propiedade intelectual
  • Os Servicios Meteorolóxicos Nacionais (SMN) de tódolos países participantes son os responsables de subministrar a súa información sobre alertas para a súa recompilación e presentación no sistema Meteoalarm. Os niveis de alerta asignados no Meteoalarm xunto cos símbolos asociados e outra información de detalle proveñen de ditos Servicios.
  • Toda a información dinámica do Meteoalarm, orixinada nos SMN xunto con toda a información adicional asociada e a ofrecida nos servidores de Internet enlazados a través do Meteoalarm permanecerán baixo total responsabilidade e propiedade intelectual dos SMN de procedencia.
  • O sistema Meteoalarm proporciona o marco de presentación de toda a información sobre alertas meteorolóxicas europeas. O banco de datos conxunto e o sistema gráfico con tódolos seus compoñentes, tales como software e hardware son propiedade da EUMETNET (REDE DE SERVICIOS METEOROLÓXICOS EUROPEOS).
  • O Servicio Meteorolóxico Nacional de Austria (ZAMG: Zentral Anstalt für Meteorologíe und Geodynamik) recibiu da EUMETNET a responsabilidade de acoller e manter o sistema operativo Meteoalarm e os seus servidores de Internet.
  • Todo usuario deste portal de Internet debe ler e aceptar tódalas normas e condicións inherentes ó uso de páxina Internet e Meteoalarm. O enlace e as normas e condicións atópanse na parte superior da páxina de acceso (páxina principal).

5. Servidores Proxy
  • Calquera clase e mecanismo Proxy (cliente navegados, proxy corporativo/ISP dedicados e transparentes, cortalumes e pasarelas con funcionalidade proxy) pode efectuar a visutalización do contido amosado na www.Meteoalarm.eu
  • Meteoalarm por sí mesmo garda cache das imaxes durante un tempo máximo de dez minutos, os mapas se xeran cada vinte minutos (pódese ver o momento de xeración impreso en cada mapa). Se o mapa non se actualiza normalmente, póñase en contacto con o seu administrador.
Cambio de Idioma:  | BG | BS | CZ | DA | DE | EE | EN | ES | ES | ES | FI | FR | GR | HE | HR | HU | IS | IT | LT | LV | ME | MK | MT | NL | NO | PL | PT | RO | RS | SE | SK | SL | VA