Meteoalarm.eu estenderase máis cara ao Leste o presente ano

Meteoalarm está plenamente operativo agora hai un ano. Tendo en conta o grande número de visitas e as reaccións positivas parece que estamos a cubrir as necesidades de diversos usuarios. O sitio web ofrece unha visión de conxunto e tamén detalles sobre as situacións significativas do tempo en Europa.

Meteoalarm é o web, deseñado para alertar ao público sobre o tempo severo a través de Europa. 30 países europeos coordináronse para desenvolver www.meteoalarm.eu - unha iniciativa única de Eumetnet, a rede de servizos meteorolóxicos europeos públicos, dentro da Organización Meteorolóxica Mundial

Máis países
O éxito do sitio web provocou o desexo doutros Servizos Meteorolóxicos Nacionais de unirse a la comunidade Meteoalarm. Isto é por o que xa la República Checa e Eslovaquia uníronse a Meteoalarm a principios de 2008. Do 18 ao 20 de Marzo tivo lugar unha reunión en Salzburgo para recibilos, xunto con outros países que están a punto de entrar de modo máis oficial. Durante este ano (2008) Meteoalarm estenderase entón moito máis cara ao Leste. En Salzburgo alcanzáronse acordos finais con Estonia, Letonia, Polonia, Croacia, Romanía, e Eslovenia para entrar en Meteoalarm ao longo de 2008.

¿Que ofrece www.meteoalarm.eu?
Un sistema, de comprensión universal que usa símbolos e mapas cun código de cores, proporciona as últimas alertas de fenómenos de tempo severo previsto para as próximas 48 horas sobre a maior parte de Europa. Onde queira que un se atope en Europa, unha información concisa pode axudarlle a planificar a súa viaxe, ou calquera actividade que poida ser afectada polo tempo severo. ¿Onde, por exemplo, poden as chuvias fortes provocar avenidas?; ¿cal é o risco de aludes?; ¿pode a néboa atrasar o meu voo?; e o tempo caloroso e seco, ¿pode aumentar o risco de incendios forestais?. Cada país está sobre o mapa nun das cores dun código que representa os catro niveis de alerta: vermello para indicar un risco excepcional debido a unhas condicións meteorolóxicas perigosas, descendendo a laranxa, amarelo e verde, para indicar que non espera tempo severo. O sitio ofrece tamén un mapa cunha escala de grises para persoas con dificultades para apreciar as cores.

Os niveis de alerta están publicados nun sistema unificado cunha clara relación entre a situación meteorolóxica e os posibles danos e comportamento proposto para evitalos. Os limiares para estes niveis difiren dunha rexión a outra porque, por exemplo, unha nevada intensa na rexión alpina causa menos molestias e danos que en Lisboa. Meteoalarm é tamén un portal para acceder aos sistemas de alerta nacionais: pulse sobre o logo dos servizos meteorolóxicos individuais para visitar os sitios web dos respectivos servizos meteorolóxicos nacionais para información rexional.

¿Quen se beneficiará de www.meteoalarm.eu?

O servizo concirne a Europa pero está dirixido a calquera no mundo en 27 linguas (idiomas). Non só beneficiará aos viaxeiros por negocios ou turismo, senón tamén a organizacións oficiais tales como os servizos de salvamento marítimo e de montaña. Pódese usar www.meteoalarm.eu para planificar con máis eficacia, os negocios poden prepararse en función do tempo severo que pode afectar ás súas operacións, e os servizos de emerxencia terán ao alcance da man información actualizada. Os presentadores do tempo en televisión en Europa poden usar o mapa de cores para destacar o tempo extremo.

¿Por qué www.meteoalarm.eu?
O noso clima está a cambiar e o tempo extremo é probable que aconteza máis frecuentemente aumentando o perigo para a vida e os danos ás propiedades. Repetidas veces, tormentas, avidas, ou aludes en calquera lugar de Europa provocaron desastres e as ondas de calor en anos recentes custaron miles de vidas. Meteoalarm.eu proporciona unha fonte sinxela completa das condicións meteorolóxicas en calquera lugar de Europa.

Os seguintes países participaron:


Austria, Bélxica, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Islandia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Malta, Noruega, Poland, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Reino Unido

------------------------------------------------------------------------------------------------

Folleto Meteoalarm (pdf): Folder Meteoalarm
Folleto Meteoalarm (pdf): Brochure Meteoalarm
Máis detalles dispoñibles en persvoorlichting@knmi.nl o Harry Geurts y Cees Molenaars +31 30 2206 317 y +31 6 53 214 364.
Cambio de Idioma:  | BG | BS | CZ | DA | DE | EE | EN | ES | ES | ES | FI | FR | GR | HE | HR | HU | IS | IT | LT | LV | ME | MK | MT | NL | NO | PL | PT | RO | RS | SE | SK | SL | VA